Paidacana

grupo de música tradicional


Pai da Cana é un grupo de música tradicional galega fundado en Poio (Pontevedra) en 1995. Tras adoitar diversas formacións, a partir de 2003 céntrase na recuperación dun concepto de conxunto tradicional case desaparecido no noso país, a charanga ou murga, na que a gaita e o acordeón fúndense con instrumentos propios das bandas de música como o clarinete, o saxofón, a caixa ou o bombo con pratos.

Pai da Cana é un colectivo comprometido coa tradición polo que no seu espectáculo, co fin de respectar a estética orixinal das charangas de antano, emprega unha indumentaria propia da Belle Époque.

O seu repertorio está formado por pezas das charangas galegas que existiron no noso país e mais en América dende finais do s. XIX, ofrecendo así unha gran selección de pezas que noutro tempo significaron a modernidade, e outras pezas tradicionais que arranxan dentro desta estética musical de entreséculos.

Pai da Cana realizou actuacións por toda Galicia entre as que cabería destacar a moitos festivais, programas de televisión e radio, e xa fóra das nosas fronteiras, concertos en Madrid e Portugal. O grupo foi gañador de diferentes premios como o II Concurso de Música Tradicional de Vigo (1996) e o I e III Memorial Manuel Texo (1998 e 2000 respectivamente). A súa música figura nos discos Ruta Folk: Terra Galega (Disco Trompo, 1998), I, III e VI Concurso de Gaitas Memorial Manuel Texo (A. C. Ullán 1998 e 2000), Os Sons da Ulla (Phonos, 2001), Paidacana 12 (Ed. do Cumio, 2007), Pontevedra en Música: Agrupacións da Provincia (Deputación de Pontevedra, 2008), A música que facemos (Xunta de Galicia, 2008) e Son de Poio (Ed. do Cumio, 2009).

Nestres intres están a presentar por toda Galicia o seu último traballo discográfico Paida cana12 (Ed. do Cumio, 2007) no que presentan a nova formación ao tempo que recollen gravacións das distintas formacións do grupo ao longo dos 12 anos de traxectoria.

Paidacana

Formación


Carlos Tomico (gaita), Miguel Dopazo (clarinete), Sandra Besada (saxo alto), Iria García (acordeón), Oscar Pazos (caixa) e Carlos Mouriño (bombo con pratos).

example6 example6 example6 example6 example6 example6

Dirección musical e arranxos: Oscar Ibáñez.