NOVO DISCO, PAIDACANA 12

Paidacana12 (Edicións do Cumio, 2007) recolle a parte máis importante do repertorio dos doce primeiros anos de traxectoria do Grupo de Música Tradicional Pai da Cana amosando ao mesmo tempo as distintas formacións musicais que foi adoitando este grupo de Poio (Pontevedra). A gran novidade deste traballo é a presentación da nova formación instrumental do conxunto, baseada nas charangas galegas que existiron no noso país e mais en América latina dende finais do s. XIX, e dun novo repertorio, que abrangue pezas que noutro tempo significaron a modernidade e outras melodías tradicionais que arranxan dentro desta estética musical de entreséculos. Neste cedé poderase apreciar unha evolución musical do conxunto, en definitiva, o que foron e o que son, sen máis pretensión que achegar un gran de area, unha pequena e humilde contribución á música do noso país